Vídeos dos Feiróns Mariñeiros
No Bar Berberecho estamos orgullosos de ter colaborado coa Comisión de Festas da Guadalupe na creación do Feirón Mariñeiro. Dende a súa primeira edición no 2004, cando contaba con moi poucos postos, ata hoxe, o Feirón evolucionou de maneira espectacular, converténdose nun evento destacado da nosa vila.
Ao longo destes anos, inmortalizamos coas nosas cámaras vídeos que reflexan esa transformación, capturando a esencia do Feirón dende 2004 ata 2013, sempre coa perspectiva do noso negocio.
Convidámoste a ver os vídeos a continuación e a revivir o mellor día das Festas da Guadalupe.